miércoles, 1 de julio de 2009
JAMENDO
Cando elaboramos materiais (unha presentación, un vídeo, unha galería fotográfica,...) temos o problema de atopar un fondo musical: non só se trata de que nos guste ou que se adecúe ao contido, senón que na maior parte das ocasións, a música que escollamos terá dereitos de autor e deberiamos pagar por ela.
En Jamendo descríbense a se mesmos como "unha comunidade de música libre, legal e ilimitada, publicada baixo licenzas Creative Commons." Trátase dunha plataforma de descarga de música gratis e legal.
En Jamendo existen 20972 álbums que poden ser descargados libre e legalmente para un uso non comercial. Para atopar música existen varias opcións de procura: por popularidade, últimos lanzamentos, os máis descargados, etc. Tamén podemos localizar temas buscando por etiquetas.
Unha vez localizado o álbum, facemos clic sobre a portada e accedemos a unha páxina con completa información acerca da obra: pistas (que podemos escoitar e descargar de forma independente), opinións de usuarios, código para inserir no noso blog ou web, álbums semellantes, e, o máis interesante, a licenza e os teus dereitos sobre o álbum.
Por último é interesante mencionar que se necesitamos unha licenza comercial tamén existe a opción de adquirila en Jamendo. Nela, ademais duns prezos realmente competitivos, vai incluído un certificado para non pagar o canon da SGAE, o cal nos permitirá utilizar os temas comprados con total tranquilidade.
(Recollido e traducido de Uso educativo de las Tics)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario